CRTVG

Buscar

Aplausos e flores para as forzas de seguridade na vía Laietana

Publicado o 19/10/2019 20:50

Este sábado tamén houbo aplausos e flores para as forzas de seguridade ás portas da xefatura Superior de Policía de Barcelona. Varias decenas de persoas achegáronse ata a vía Laietana en solidariedade cos axentes feridos e para apoiar a súa actuación durante os disturbios de onte á noite.

Ao longo da xornada os axentes que custodiaban o lugar recolleron agasallos de agradecemento e palabras de ánimo. Algúns destes momentos, gravados con teléfono móbil, difundíronse despois a través das redes sociais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/10/2019