CRTVG

Buscar

Apicultores de Córsega visitan o Courel para coñecer como se produce o noso mel

Publicado o 08/02/2019 17:14

Esta alvariza do Courel ten hoxe uns invitados de excepción. Chegan desde a illa mediterránea de Córsega para empaparse do bo facer dos apicultores atlánticos. En realidade teñen moitas en común, ambos contan cunha extraordinaria riqueza apícola protexida con selos de calidade.

George Preziosi, apicultor da DOP Mel de Córsega: "A nosa produción é moito máis pequena ca a vosa. Por iso poñemos en valor enormemente o mel que temos".

Esther Ordóñez, presidenta da IXP Mel de Galicia: "Están facendo coma nós, paneis de cata, todo tipo de controis desde a colmea ao punto de venda... estamos poñendo en valor o produto e isto permite que a xente viva no rural e do rural".

Os corsos producen cunha raza de abella do país e fan transhumancia coas colmeas. Dúas cuestións que espertaron especial interese entre os galegos.

David Corral, apicultor: "A transhumancia é moi interesante porque permite aproveitar as floracións tardías na alta montaña, por riba dos 800 metros".

A enfermidade da varroa e o cambio climático son as principais amenazas para o mel corso. Alí aínda non teñen velutina, pero tomaron boa nota dos consellos dos galegos, moi preocupados polo avance da praga.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/02/2019