CRTVG

Buscar

Tres barcos empatados a puntos na loita polo ouro no 49er

Publicado o 30/07/2021 07:37

Iago López Marra entra na recta final na terceira posición cos mesmos puntos que o líder, o equipo de Gran Bretaña

Tres barcos empatados a puntos na loita polo ouro no 49er

Só quedan tres regatas e a Medal Race para decidir os gañadores na clase 49er. Na pelexa polo ouro segue a estar o barco do sonense Iago López Marra cos mesmos puntos que os dous primeiros clasificados, os barcos de Nova Zelandia e Gran Bretaña. 

A xornada non comezou ben, cun 15º posto, o máis frouxo desde que comezou a competición e que supón o descarte dos españois Botín-López Marra. Pero na segunda das probas do día (oitava xeral) acadaron un segundo posto que os poñía no máis alto da clasificación. 

A terceira tirada da xornada rematou cun quinto posto para situarse no total con 34 puntos ao igual que os seus dous grandes rivais.