CRTVG

Buscar

Apélase á prevención no Día Mundial do Ril

Publicado o 14/03/2019 17:41

Medicións da tensión arterial, probas de glicemia e información sobre como previr as enfermidades do ril. Mesas informativas como esta espállanse hoxe por vilas e cidades de todo o país para fomentar a saúde renal. Porque as doenzas do ril non deixan de medrar.

O avellentamento da poboación, xunto con enfermidades moi prevalentes como as cardiovasculares ou a diabetes, están moi asociadas aos problemas renais. Ademais do fomento da prevención, a xornada serve para chamar a atención sobre as dificultades engadidas que poden ter as persoas transplantadas no ámbito laboral.

No que levamos de ano realizáronse neste hospital 14 transplantes renais, un deles procedente dun doador vivo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2019