Aparecen unha vintena de espellos retrovisores rotos en Monte Alto
Na Coruña, os veciños de Monte Alto quéixanse da falta de seguridade e do vandalismo que hai no barrio. Nos últimos días apareceron rotos máis dunha vintena de espellos retrovisores.
Para recuperar a tranquilidade de antano, piden máis vixilancia policial.
Completamente estragados. Así apareceron os espellos de, polo menos, 25 vehículos que estaban aparcados nas rúas Monte Alto e Cervantes.
"Vés buscar o coche e atópalo todo raiado, o espello roto..."."Son sempre os mesmos, pero é que tampouco podes falar con eles...", comentan os veciños.
Os veciños din que o barrio xa non é o tranquilo que era antano.
"O barrio estase volvendo salvaxe". "A min roubáronme a carteira cando ía entrar no portal...". "A xente ten medo..". "Non hai vixilancia", afirman.
A Policía Nacional levantou atestado destes feitos para tratar de descubrir quen foron os causantes deste acto vandálico.