CRTVG

Buscar

Aparecen pintadas vermellas na fachada da casa natal de Manuel Fraga

Publicado o 10/12/2019 15:22
Aparecen pintadas vermellas na fachada da casa natal de Manuel Fraga

Novo acto vandálico contra a casa natal de Manuel Fraga en Vilalba. A fachada da vivenda familiar do ex-presidente da Xunta aparecía con pintadas vermellas. A vivenda esta situada fronte á alameda e moi preto do busto que lembra a figura do ex-presidente.

A Garda Civil xa investiga este caso. Non é a primeira vez que o inmoble sofre actos vandálicos.

Noticias web

10/12/2019

Máis sobre Vilalba