Aparecen patacas fritas galegas en 'Parasitos', a película coreana de moda
Publicado o 16/01/2020 20:02
As patacas fritas 'Bonilla a la vista', producidas en Arteixo, aparecen na película de moda, a surcoreana 'Parasitos', vencedora en Cannes e unha das favoritas aos Óscar.
Nun dos fotogramas pódese apreciar un bote das patacas, que se venden moi ben en Corea do Sur. De feito, é un dos principais países aos que Bonilla exporta os seus produtos.