CRTVG

Buscar

Aparecen os cadáveres de dous irmáns aboiando preto de cabo Prioriño

Publicado o 31/03/2019 21:14

En augas de Ferrol apareceron aboiando os corpos de dous irmáns. Saíran pescar esta mañá. Tiñan cincuenta e sete e sesenta e un anos e eran veciños de Fene. Os dous irmáns saíran pescar á mañanciña pola zona de cabo Prioriño, preto do porto exterior de Ferrol.

Estanse investigando as circunstancias en que se produciu o accidente. Os primeiros indicios apuntan a que caeron accidentalmente á auga desde as rochas e que faleceron pouco antes de ser localizados por un pesqueiro que navegaba preto da costa. As autopsias que se realizaron no Hospital Naval de Ferrol aclararán as causas destas mortes. Os dous homes serán soterrados mañá á tarde no cemiterio municipal de Fene.

Os dous irmáns madrugaran para ir pescar á zona de acantilados de cabo Prioriño, preto do porto exterior de Ferrol. O seu coche foi localizado no aparcadoiro situado nas inmediacións do faro. Estanse investigando as circunstancias en que se produciu o suceso. Os primeiros indicios parecen sinalar que os dous homes caeron accidentalmente á auga desde os rochedos e que morreron pouco antes de ser localizados aboiando no mar.

Un pesqueiro alertou da aparición do primeiro corpo. Salvamento puxo en marcha un dispositivo de rescate que permitiu a localización do segundo. A Garda Civil recuperou os cadáveres e trasladounos ao peirao ferrolán de Curuxeiras. As autopsias, que confirmarán as causas das mortes, realizáronse no Hospital Naval. Os dous falecidos serán soterrados o luns á tarde no cemiterio municipal de Fene.

 

Noticias web

31/03/2019