CRTVG

Buscar

Aparecen na Costa de Morte restos da carga que perdeu un buque o venres pasado

Publicado o 12/01/2018 14:07

Miren o que chegou a varias praias da Costa da Morte: botes de leite en pó, tabaco ou tinta de impresoras, material que levaba un cargueiro que perdeu ducias de colectores.

Nunha cala de Lires, en Cee, había esta mañá un boa mostra dese material arrastrado polo mar. Segundo nos contaba unha testemuña nos últimos días chegaron centos de paquete de tabaco; a maioría empapado. Suponse que estes produtos pertencen a algún dos colectores que perdeu un cargueiro de Liberia ao seu paso a 40 millas de Galicia. Facía a ruta de Holanda a Marrocos e caéronlle ao mar entre máis de 30 colectores de mercadorías.

Á praia fisterra do Rostro chegou tamén parte dun colector e máis botes de leite en pó e mesmo partes de sófás e de asentos de coche.

Un dos representantes dos hostaleiros da zona instaba a que se retire todo este material dos areias, porque a plancha metálica  supón un risco para embarcacións pequenas  amáis da degradación ambiental.

Galería de imaxes

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2018