CRTVG

Buscar

Aparecen milleiros de peixes mortos no Mar Menor

Publicado o 17/08/2021 08:58

No Mar Menor, en Murcia, atopáronse milleiros de peixes mortos. Crías de peixes, polbos e xibas apareceron aboiando en varias praias este luns. Axentes de Medio Ambiente traballaron recollendo os peixes mortos.

En 2019 deuse un episodio similar debido á falta de osíxeno na auga que daquela afectou a especies de maior tamaño. Desta volta, os científicos atribúen o episodio á temperatura da auga, de 30 graos, inusualmente alta mesmo nesta zona.

Noticias web

17/08/2021