CRTVG

Buscar

Aparecen exemplares de carabelas portuguesas en praias das Rías Baixas

Publicado o 30/11/2019 20:01
Aparecen exemplares de carabelas portuguesas en praias das Rías Baixas

Non é tempo de baños pero sempre hai quen se achega aos areais e os servizos de alerta 112 Galicia avisan da presenza de exemplares de carabelas portuguesas, falsas medusas, nas praias de A Barosa, Pirata e Canelas, no concello do Grove.

E pode que non sexan as únicas, porque tamén na ría de Vigo, na praia da Fontaíña, houbo un aviso de presenza destas carabelas, un microorganimo cuxas picaduras son moi dolorosas e perigosas.

A maioría das que están aparecendo xa están mortas, malia iso, desaconsellan achegarse ás citadas praias (a foto feita hoxe mandouna Pablo Muñiz aos nosos compañeiros de @otempo). 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí