Aparecen en bo estado os dous homes que se cría que caeran ao mar na costa de Oia
Publicado o 15/06/2019 10:13
Localizaron en perfecto estado os dous homes que se cría que caeran ao mar na costa de Oia. A Garda Civil, Salvamento Marítimo e o helicóptero Pesca I despregáronse onte á tarde na súa busca logo de recibiren a chamada dunha persoa que creu ver que os arrastrara unha onda. En Salvamento Marítimo explicaron que os homes no caeran, que estaban nunhas rochas.