CRTVG

Buscar

Aparecen desperfectos nunha vintena de vehículos aparcados na contorna do CHUAC

Publicado o 02/09/2021 14:29

Varios vehículos apareceron cos cristais das xanelas rotos na contorna do CHUAC. Os feitos ocorreron na avenida coruñesa da Lamadosa e afectaron a máis de vinte coches aparcados preto do aparcadoiro privado das inmediacións. Cara ás dez da mañá a policía recibiu as denuncias e inspeccionou o lugar en busca de probas. Hai uns días tamén se producira algún incidente semellante, pero o número de vehículos afectados era menor.

Descoñécese o importe tanto dos danos producidos como dos obxectos roubados.

Noticias web

02/09/2021