CRTVG

Buscar

Aparecen catro artefactos incendiarios no monte da Madroa, en Vigo

Publicado o 15/04/2019 18:00

A Policía Nacional investiga a aparición de catro artefactos incendiarios nun monte de Teis, en Vigo. Foron os veciños da zona os que deron a voz de alarma despois de escoitar varias detonacións. Os comuneiros aseguran que están a sufrir constantes actos vandálicos. 

Neste monte da Madroa, os axentes localizaron catro aparellos incendiarios coma este, sen estoupar. Estaban situados a moi pouca distancia entre si e na mesma zona en que uns veciños escoitaran horas varias detonacións.

"Uns veciños chamaron a policía porque escoitaron as detonacións e estiveron por todo o monte, tanto a policía nacional como autonómica", explica un veciño.

A policía recolleu pegadas e investiga a intencionalidade que tiñan a persoa ou persoas que abandonaron os aparellos no monte.

"Supoñen que son bengalas dos barcos e ao parecer ían con metralla á parte, das festas ou así", engade o veciño da zona.

Os comuneiros de Teis, en Vigo, lamentan os actos vandálicos que están a sufrir no monte da Madroa. O último, con estes aparellos. Na zona encontraron restos de vexetación queimada, posiblemente por algunha das explosións. E explican que, por fortuna, a chuvia dos últimos días mantiña a terra mollada e o tempo da fin de semana non estaba propicio para os incendios forestais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/04/2019