CRTVG

Buscar

Aparecen catro artefactos incendiarios nos montes da parroquia de Areas, en Tui

Publicado o 13/09/2019 21:29

• Teñen forma de bengalas con paracaídas, similares ás que se empregan en emerxencias marítimas 

• A Policía atribúe a orixe do incendio de Monforte a "tarefas agrícolas"

Foi o martes pasado pola tarde cando a tranquilidade deste barrio de Anta se rompeu tras a explosición de varios aparellos incendiarios. Foron catro artefactos, similares aos utilizados para emerxencias marítimas. O primeiro deles caeu sobre o tellado dun veciño que, cando tentaba apagalo, escoitou sorprendido outros tres estoupidos. Un grupo de residentes da zona organizaron unha batida polo monte e atoparon dúas bengalas con paracaídas que entregaron á Garda Civil.

A tranquilidade desta parroquia de Areas rachouse a golpe de bengala. Ata catro proxectís foron lanzados nesta zona de monte e vivendas moi preto de Tui causando o pánico entre os veciños.

Os residentes deste barrio de Anta foron pioneiros hai 14 anos en crear patrullas veciñais para protexer os seus montes dos incendios, por iso a rápida actuación ante a alerta.

Os veciños entregaron á Garda Civil os dous artefactos que atoparon, moi semellantes aos que se empregan en emerxencias marítimas e cuns 300 metros de altura de alcance. A investigación está en marcha, e non se desbota a intención de queimar os montes desta parroquia de Areas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2019