CRTVG

Buscar

Aparece unha persoa aboiando no mar na Guarda

Publicado o 12/09/2019 16:39

Localizado o corpo dunha persoa flotando no mar, na Guarda. Sobre as 12 e 10 da mañá o 112 recibiu a chamada dun alertante que informaba do suceso. Segundo esta persoa, a embarcación que localizou o corpo atopábase a milla e media de Portecelo. O 112 puxo o achado en coñecemento de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas, así como da Garda Civil e do GES da Guarda. Polo de agora descoñécese a identidade do falecido. O cadáver foi trasladado por unha patrulleira da Garda Civil ao porto da localidade.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí