CRTVG

Buscar

Aparece unha muller morta nunha cala en Foz

Publicado o 13/09/2017 13:55

Tratábase dunha septuaxenaria que estaba a ser buscada tras desaparecer dun centro xeriátrico da vila mariñá.

Foi un particular o que localizou o cadáver nunha cala onda o paseo marítimo que une as praias de Llas e Peizás. En canto deu aviso ao 112, mobilizáronse os efectivos do servizo de Gardacostas e de Salvamento Marítimo, os bombeiros do parque comarcal de Barreiros e mailos membros de Protección Civil de Foz e do GES de Cervo, que rescataron o corpo. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2017