CRTVG

Buscar

Aparece unha muller morta e medio espida no barrio de Sants en Barcelona

Publicado o 12/08/2019 16:34

Os Mossos d'Esquadra investigan a morte dunha muller en Barcelona. O cadáver apareceu está mañá no barrio de Sants espido de cintura para abaixo e baixo o remolque dun camión.

Os investigadores asumen que se trata dunha morte violenta polas circunstancias en que atoparon o cadáver da muller aínda que manteñen abertas todas as hipóteses. O corpo estaba parcialmente encaixado baixo o remolque deste camión e espido de cintura para abaixo.
As primeiras informacións apuntan a que se trata dunha muller de 46 anos e de nacionalidade sueca.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/08/2019