CRTVG

Buscar

Aparece unha muller brasileira morta nun piso de Avilés con quince coiteladas

Publicado o 22/09/2019 15:18

En Avilés investigan a morte dunha muller nun piso do centro da cidade. O seu corpo atopouno a muller que se encargaba de facer a limpeza na vivenda.

O corpo da falecida, de 38 anos e nacionalidade brasileira, presentaba quince coiteladas. Axentes da policía investigan as circunstancias desta morte; tratan de determinar a data en que faleceu e intentar dar co responsable desta morte. 

O xulgado acaba de decretar o segredo de sumario.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/09/2019