Aparece unha balea morta na praia de Balarés, en Ponteceso
Publicado o 19/01/2019 14:24
É o segundo cetáceo que vara na zona esta semana, xa que o xoves pasado foi localizada unha cría nun areal de Muxía. Neste caso trátase dun exemplar macho adulto, duns dezaséis metros de lonxitude. Os biólogos da Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños cren que non ten relación directa coa cría. Os técnicos desprazaranse a Balarés para examinar os restos do animal.