CRTVG

Buscar

Aparece un novo muro na terceira fase das escavacións no castro de Cameixa, en Boborás

Publicado o 31/08/2020 14:26

Estes son os dous novos muros relacionados coa vivenda cuadrangular escavada e xa consolidada na anterior fase da intervención deste castro de Cameixa, no concello ourensán de Boborás.

As escavacións feitas nos anos 40 por Xaquín Lorenzo 'Xocas' e Cuevillas databan estas contrucións no século I despoiis de Cristo. Pero tamén hai novo achados.

Ademais duns 3.500 fragmentos de pezas carámica ou un fogar, hoxe atoparon tamén esta nova peza.
O obxectivo é poñer en valor este asentamento castrexo con máis de 2.000 anos e historia.

Unha iniciativa do Concello de Boborás apoiada por Turismo que seguirá descubrindo un dos asentamentos senlleiros da cultura castrexa na provincia de Ourrense.

Noticias web

31/08/2020