CRTVG

Buscar

Aparece un home morto na súa casa en Santiago

Publicado o 25/03/2020 19:49

En Santiago, a Policía atopou esta tarde o corpo dun home que levaba días morto na súa casa. Os veciños deste edificio da Avenida de Lugo alertaron as forzas de seguridade ao notar un cheiro forte nas escaleiras. Cando entraron no 4ºD, os axentes atoparon o falecido. Polo de agora descoñécense as causas da súa morte. Tampouco se sabe se o home tiña ou non familia.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/03/2020