CRTVG

Buscar

Aparece un cranio humano no monte Oímbra que podería pertencer a unha muller

Publicado o 12/01/2018 13:59

Apareceu un cranio humano nun camiño do monte de Oímbra, preto da fronteira con Portugal. A Garda Civil investiga de quen pode ser, en colaboración coa Garda Nacional Republicana, para descubrir se será dunha muller que desapareceu hai catro anos nunha aldea no municipio limítrofe de Chaves.

Pilar, veciña de San Cibrao en Oimbra foi a que atopou o cranio humano, cando paseaba por ese camiño no monte, moi cerca da fronteira con Portugal. A Garda Civil está a investigar a súa identidade e colabora coa Garda Naional Republicana, porque na zona de Monterrei non hai ningún caso aberto de persoas desaparecidas. 

Tratan de descubir se puidera pertencer a unha veciña que desapareceu hai catro anos na localidade lusa de Cambedo, a uns dous quilómetros de onde apareceu o cranio. Os veciños, moi sorprendidos co achado e que coñecen o caso da muller desaparecida, agardan que poidan identificala. 

Tras rastrexar o monte os axentes non atoparon aínda máis resto óseos. O cranio está sendo analisado na Unidade de Antropoloxía Forense do IMELGA, no Hospital de Verín. Por agora descoñécese a súa identidade e se puidera tratarse da muller portuguesa, é a principal hipótese, pero haberá que agardar ao resultado das probas forenses. O caso está no Xulgado de Verín. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2018