CRTVG

Buscar

Aparece o cadáver dun home en avanzado estado de descomposición nunha vivenda de Neda

Publicado o 22/06/2021 15:01
Aparece o cadáver dun home en avanzado estado de descomposición nunha vivenda de Neda
EFE

Persoal de emerxencias recuperou este martes o cadáver dun home no interior da súa vivenda en Neda, na que puido falecer hai varios días, apuntaron a Efe fontes da investigación. Así, efectivos do parque de bombeiros de Ferrol accederon ao redor das 13:00 horas a casa, situada na avenida de Xuvia, unha das principais arterias da vila da comarca de Ferrolterra.

As mesmas fontes subliñaron que o home, de 43 anos de idade, foi atopado sen signos de violencia e podería falecer por causas naturais. Membros da Garda Civil e persoal xudicial acudiron ao inmoble para autorizar o levantamento do corpo, que foi trasladado ao hospital privado Juan Cardona, en Ferrol.

O home, cuxos restos mortais foron atopados en avanzado estado de descomposición, residía sen acompañantes na vivenda. 

Noticias web

22/06/2021