Aparece un cadáver en avanzado estado de descomposición nun pozo no Porriño
Publicado o 21/02/2021 20:33

Esta tardiña atoparon un cadáver nun pozo que había nesta nave abandonada do Cerquiño. Pouco transcendeu sobre este achado. É un cadáver en avanzado estado de descomposición e ata hai uns minutos non se puido sacar deste pozo.
As primeiras pescudas non achegan ningunha información fiable que permita a súa indentificación. Todo apunta a que podería estar morto desde hai varios días ou mesmo semanas. Axentes da Garda Civil, Policía Local e bombeiros están aínda nesta nave abandonada na que foi localizado o corpo.
Foron os propietarios do local industrial, situado no polígono da Granxa, os que atoparon o corpo cando realizaban unha visita cuns albaneis para supervisar unhas obras nesa nave.