CRTVG

Buscar

Atopan un corpo en avanzado estado de descomposición nun pozo no Porriño

Publicado o 21/02/2021 22:57

A Garda Civil investiga a aparición dun cadáver nun pozo dunha nave industrial do polígono da Granxa, no Porriño. O avanzado estado de descomposición dos restos impide saber se se trata dun home ou dunha muller.

Deron con el os propietarios do local industrial, que estaban de visita cuns albaneis que ían obrar alí a vindeira semana. A Garda Civil abre agora unha investigación. As primeiras pescudas non achegan ningunha información fiable que permita a súa indentificación.

Todo apunta a que podería levar morto varios días ou mesmo semanas. Axentes da Garda Civil, Policía Local e bombeiros estiveron varias horas nesta nave abandonada en que foi localizado o corpo. Foron os bombeiros os que o sacaron do pozo.