CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Aparece sen vida o home desaparecido en San Cibrao das Viñas

Publicado o 06/10/2017 14:12


O que apareceu foi o corpo sen vida do home de 79 anos que desaparecera o mércores pasado da súa casa de Currás, en San Cibrao das Viñas.

Desde primeira hora da mañá a Garda Civil organizaba os equipos de busca por diferentes lugares próximos á súa vivenda, coa colaboración de Protección Civil, Grupos de Emerxencias de Barbadás e veciños de Currás. Pero pouco despois das dez da mañá o operativo quedou suspendido ao aparecer sen vida nas proximidades da súa vivenda.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí