CRTVG

Buscar

Aparece pintado un dos farois que decorou Lupita Hard

Publicado o 18/09/2021 21:33

Un dos farois decorados en Vigo pola artista Lupita Hard con formas e mensaxes feministas apareceu cuberto con spray negro. O proxecto amparado polo Concello de Vigo para o barrio de Churruca suscitou esta semana as críticas de varios veciños da zona ás que hai que sumar as do grupo municipal do Partido Popular.

Os farois foron decorados con cores pastel e neles aparecen debuxados corpos espidos de muller acompañados nalgúns casos de mensaxes reivindicativas. Os feitos foron denunciados a través das redes sociais.











 

Noticias web

18/09/2021