Aparece o corpo sen vida dunha muller aboiando na auga en Redondela
Publicado o 30/08/2019 22:25

Unha muller duns 60 anos faleceu na tarde deste venres na zona do paseo de madeira da Portela, en Redondela. Segundo fontes policiais, uns veciños vírona pasear e posteriormentee escoitaron uns gritos, pero cando chegaron ao lugar do suceso, xa estaba aboiando na auga. Sacárona e realizaron manobras de reanimación mentres non chegaba a ambulancia. O corpo non presenta síntomas de violencia e descoñécense as causas da caída a auga. A policía investiga o sucedido.