Atopan o corpo sen vida do home que desaparecera en Xunqueira de Espadanedo
Publicado o 13/12/2019 10:34
Pasadas ás 9.30 da mañá confirmábase o peor dos presaxios. Atopaban o corpo sen vida de Antonio Pumar Blanco, moi preto de onde aparecera o seu paraugas, xunto a un regato que baixaba con moita auga.
Un amplo dispositivo, con base na vivenda familiar, buscaba a Antonio Pumar Blanco, de 74 anos e veciño de Xunqueira de Espadanedo. Os seus parentes vírono por última vez contra as once da mañá do xoves.
Na busca participaran voluntarios de Protección civil, os propios veciños e a Garda Civil, que coordinaba o operativo.