CRTVG

Buscar

Aparece o corpo sen vida da muller que se perdera ao baixar do tren en Uxes

Publicado o 15/12/2019 21:06

O corpo sen vida dunha muller que desapareceu onte á noite foi localizado preto das vías do tren á altura do polígono industrial de Pocomaco, en Arteixo.

Un familiar seu chamara ao 112 pedindo axuda porque a muller se desorientara ao baixar do tren no apeadoiro de Uxes. A septuaxenaria chegou a falar cos servizos de emerxencia para intentar facilitar a súa localización. Mobilizáronse os servizos sanitarios, o persoal de Adif, os bombeiros da Coruña e as policías local e nacional. A circulación do tren cortouse durante un tempo para facilitar os labores de busca, que non deron resultado ata esta mañá.


 

Noticias web

15/12/2019