CRTVG

Buscar

Aparece o corpo de Andrea, a moza ourensá que arrastrou o mar do Orzán hai once días

Publicado o 09/04/2018 11:20

• A auga levouna ata diante do hotel Riazor

• Atopárono grazas á alerta dun veciño que paseaba pola zona

O corpo de Andrea Domínguez, veciña de Ourense de 22 anos, apareceu esta mañá arredor das once da mañá no Orzán, preto da mesma zona na que desaparecera. 

Despois dos labores de busca que comezaron o día da súa desaparición -o pasado Venres Santo-, a embarcación dos bombeiros atopou o corpo no mar, á altura do hotel Riazor, despois de que un veciño asegurara ver algo pola zona. 

Fontes municipais indicaron que se procedeu a realizar as tarefas de identificación do cadáver para confirmar que se trata de Andrea, aínda que todo indica que así é. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/04/2018