CRTVG

Buscar

Aparece o cadáver dunha persoa aboiando no río Ulla en Padrón

Publicado o 27/06/2020 15:10

A Garda Civil investiga a aparición a primeira hora desta tarde dun cadáver no río Ulla, entre Padrón e Pontecesures. Polo momento descoñécese a identidade do falecido, xa que non levaba documentación.

So transcendeu que se trata dun home de mediana idade que levaba posto un casco de ciclista. Durante varias horas os investigadores buscaron sen éxito no río e na contorna unha bicicleta. 

O corpo foi localizado aboiando na auga. Unha lancha trasladouno ata o peirao de Padrón.