Ata o lugar desprazouse unha ambulancia do 061, os bombeiros de Ordes e a Garda Civil, que investiga o sucedido. Non se puido facer nada por salvar a vida da muller.
Morre unha muller en Trazo con queimaduras causadas por unha estufa
Publicado o 17/04/2021 19:15

O cadáver dunha muller veciña de Tarrío, no concello de Trazo, apareceu este sábado no interior da súa vivenda con queimaduras que lle puido causar unha estufa.
O 112 informa que foi un veciño da zona o que informou do ocorrido tras localizar un home desorientado e que residía na mesma casa que a muller. Pediu assitencia e dixo que no inmoble había moito fume, pero que xa non había incendio.
#AXEGAInforma de que unha muller foi atopada falecida a carón dunha estufa no interior da súa vivenda, en #Trazo. Acudiron ademais dos servizos sanitarios, os #BombeirosOrdes e @guardiacivil. pic.twitter.com/uHtpXbUr1h
— 112Galicia (@112Galicia) April 17, 2021