CRTVG

Buscar

Aparece o cadáver do home de 68 anos desaparecido en Verín hai catro días

Publicado o 13/02/2018 14:09

 

Apareceu o corpo sen vida de Bernardo Vidal Álvarez, o veciño de Verín de 70 anos que levaba desaparecido xa catro días. Atopárono os mergulladores da Garda Civil nunha zona de presas do río Támega, moi preto de onde aparecera o seu gorro e nas proximidades da súa casa en Queizás.

O corpo de Bernardo Vidal Álvarez aparecía esta mañá contra as doce do mediodía aboiando nunha zona de presas do río Támega. Presentaba un bo estado de conservación. Atoparon o seu corpo os mergulladores da Garda Civil. A zona está moi preto da súa casa en Queizás, e moi preto tamén de onde aparecera o gorro que levaba no momento da súa desaparición.

Garda Civil e Protección Civil levaban catro días á súa procura e empregaron cans especializados e un equipo de drons. O home, que non era a primeira vez que faltaba da casa, marchara co posto pero nunca estivera tanto tempo sen regresar, segundo nos asegurou a súa muller. Precisaba tomar medicación acotío. Tiña problemas de orientación e memoria.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2018