CRTVG

Buscar

Aparece na orla canda o seu fillo discapacitado polo que o axudou durante a carreira

Publicado o 27/02/2019 13:18

A seguinte é unha historia extraordinaria. Os compañeiros de universidade dun mozo discapacitado de Cádiz quixeron recoñecer o esforzo e a tenacidade do seu pai para axudalo coa carreira e adoptaron unha medida inusual: incluílo na foto da orla. 

Juan José quere ser mestre. E vaino ser a pesar de que a vida non llo puxo doado. Perdeu a nai no parto e naceu cunha discapacidade severa, pero está acabando os estudos universitarios de Educación Primaria. Para semellante logro, tivo un aliado imprescindible, o seu pai.

"Se tes o apoio da familia, todo é posible, todo o podes facer perfectamente", conta Juan José. 

O pai acompañouno nestes catro anos en cada clase, como un alumno máis, e gañou o cariño de compañeiros de pupitre e profesores. Foron eles os que decidiron que debía aparecer na orla, ao lado do seu fillo e co lema "pai de Juan José e de todos".

"Moi orgulloso del e moi contento cos alumnos, profesores, persoal da Universidade, todos se portaron bastante ben", conta o pai. 

Será a segunda carreira de Juan José. Antes de Maxisterio xa se graduou en Matemáticas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/02/2019