CRTVG

Buscar

Aparece morto o rapaz desaparecido en Tarragona cando facía caiaquismo

Publicado o 04/06/2021 09:04
Aparece morto o rapaz desaparecido en Tarragona cando facía caiaquismo

Os equipos de rescate atoparon morto o rapaz de 15 anos desaparecido mentres facía caiaquismo no río Ebro ao seu paso pola localidade tarraconense de Miravet. Un submarinista localizou o cadáver a 250 metros do lugar onde entrou no río.

O rapaz era alumno dun instituto de Sabadell e participaba xunto a outros compañeiros nunha excursión en caiac organizada polo centro nesta zona do río Ebro. Os mossos manteñen aberta a investigación para aclarar as causas da morte.

Noticias web

04/06/2021