CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Aparece morto na Arxentina un empresario nacido en Asturias

Publicado o 25/01/2017 21:22



Na Arxentina apareceu o corpo calcinado dun empresario de orixe asturiana. As primeiras hipóteses apuntan a que foi o propio xenro da vítima, coa axuda dun cómplice, o que o asasinou. Os dous sospeitosos xa están detidos.

O corpo sen vida do empresario de orixe asturiana, Roberto Fernández Montes, foi atopado completamente calcinado e separado en dúas partes nunha localidade a 70 quilómetros de Bos Aires, logo de ter desaparecido o sábado do seu domicilio da capital arxentina.

Tras denunciar a súa desaparición, os detidos non se fixeron agardar, xa que o suceso foi filmado, paso a paso, polas cámaras de seguridade da casa do empresario de 67 anos.

Nelas vese o xenro do finado trasladar -xunto a un empregado- un bulto envolto nunha colcha ata o maleteiro do coche que horas despois aparecería calcinado a poucos kilómetros do cadáver.

Segundo a parella do empresario, o móvil do crime puido ser unha carpeta con probas que implicaban o xenro da víctima nunha presunta estafa en perxuizo do empresario por valor de máis de 62.000 dólares.

Un feito que a vítima nunca chegara a denunciar por medo a represalias contra a súa filla e netos.

Polo momento os dous detidos negáronse a declarar, aínda que a investigación segue a recabando probas. As últimas, 20.000 dólares atopados no coche dun dos sospeitoso que segundo fontes policiais agochaba o empresario no seu domicilio.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

25/01/2017