CRTVG

Buscar

Aparece morta unha muller na praia da Barceloneta

Publicado o 17/02/2019 16:52

En Barcelona, os Mosssos atoparon o cadáver dunha muller nunha praia próxima á cidade. Segundo confirmaron fontes policiais, o aviso recibiuse pouco despois das catro da mañá.

A muller, duns 40 anos, presentaba sinais de violencia no pescozo. A vítima non levaba documentación e o seu corpo foi descuberto na praia do Somorrostro, nas proximidades dunha zona de discotecas da Barceloneta.

A Policía Autonómica abriu unha investigación para esclarecer as causas da morte.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/02/2019