CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Aparece morta unha das fundadoras de Femen. A policía fala de suicidio

Publicado o 24/07/2018 21:40
Tamén apareceu morta, presuntamente por suicidio, a activista ucraína Oxana Schaskó, unha das fundadoras do movemento feminista FEMEN.Tiña 31 anos. Vivia en Paris desde que foi deportada en 2013 despois de encabezar unha protesta, semiespida, contra Vladimir Putin o dia das eleccións presidenciais en Rusia. Estaba desaparecida desde hai tres dias. Os seus amigos atoparon hoxe o seu corpo sen vida no interior da súa vivenda.

Telexornal Serán

24/07/2018