CRTVG

Buscar

A Policía Nacional de Ourense investiga a morte dunha muller de 53 anos no río Miño

Publicado o 05/09/2020 15:04

Foi unha persoa que camiñaba á altura da presa de Velle, ao redor das dez da mañá, a que avisou os servizos de emerxencia ao ver un corpo aboiando no río. Os bombeiros de Ourense rescataron o cadáver cunha lancha e trasladárono á beira.

O forense e a xuíza tras unha primeira inspección non detectaron signos de criminalidade. Estaselle a facer unha autopsia para coñecer as circunstancias da súa morte. Non hai constancia en Ourense de ningunha muller desaparecida. 

 

Noticias web

05/09/2020