Aparece en perfecto estado o mozo vigués que marchara en bicicleta a Almería
Publicado o 07/02/2019 20:03
Apareceu o mozo vigués que marchara en bicicleta a Almería e co que a familia perdera o contacto teléfonico hai dúas semanas. Encontrárono en Isla Cristina, Huelva. Está en perfectas condicións. Ao parecer, dixo que perdera o móbil e que non era consciente de que pasaran 15 días dende a súa última comunicación coa familia.