CRTVG

Buscar

Aparece en Lugo o coche en que fuxiron os ladróns con 4.000 quilos de cobre

Publicado o 26/09/2019 13:16

O asalto a esta nave do polígono industrial do Espírito Santo, en Cambre, aconteceu o sábado. As cámaras de seguridade desta empresa de instalacións eléctricas captaron un grupo de encapuchados contra as seis da tarde traspasando o muro perimetral.

Máis de cinco horas despois, pasadas as once da noite, os ladróns saíron do recinto cun todo terreo da empresa e un remolque cargado con 4.000 quilos de cobre, valorado nuns 25.000 euros. O vehículo rotulado co logotipo da empresa e o remolque foron localizados onte nunha localidade luguesa preto da A-6. Na empresa tamén botaron en falta varias ferramentas, pero prefiren non dar máis detalles do asalto para non interferir coa investigación que leva a cabo a Garda Civil.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/09/2019