CRTVG

Buscar

Aparece en Compostela o mozo de 21 anos de Marín

Publicado o 20/03/2019 17:13
Aparece en Compostela o mozo de 21 anos de Marín

A Policía Nacional acudía contra as 11 da mañá ao albergue de San Francisco, en Compostela, despois de recibir o aviso de que Cristian, desaparecido dende o sábado en Marín, pasara a noite alí. Unha vez no lugar, comprobaron a súa identidade.

Os axentes xa estaban coordinando a busca dende diferentes comisarías de Galicia dende que un taxista o vira por última vez nunha parada de autobús. 

O mozo ten diagnosticada bipolaridade e levaba días sen tomar a medicación, polo que unha vez atopado foi trasladado ao hospital para coñecer o seu estado de saúde. 

Noticias web

20/03/2019