CRTVG

Buscar

Aparece en bo estado o home da Estrada desaparecido na fin de semana

Publicado o 21/08/2019 14:22
Aparece en bo estado o home da Estrada desaparecido na fin de semana

O estradense de San Xurxo de Vea, ao que andaban buscando desde o domingo, apareceu san este mércores á mañá. José Ángel Bandín deixara o seu domicilio o sábado despois de comer. A familia denunciou a súa desaparición o domingo e xa daquela púxose en funcionamento un dispostivo de busca. Esta mañá un camioneiro recoñeceuno a un quilómetro da Ponte Ulla, en dirección a Santiago e avisou os servizos de urxencias. A primeira vista parece que non sofre ningún dano. As patrullas abandonaron xa o dispositivo de busca.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/08/2019