Aparece con vida o home de 93 anos desaparecido en Bande
Publicado o 01/12/2020 13:28

Apareceu o maior que faltaba da casa en Bande. José García Prieto, de 93 anos, desapareceu o domingo pola tarde da súa vivenda de Porto Quintela; este martes á mañá atopárono nunha matogueira non moi lonxe da aldea.
No momento en que trascendeu a noticia, unha ambulancia ía recollelo para trasladalo a un hospital e comprobar o seu estado de saúde.
Non era a primeira vez que desaparecía; padece principios de demencia. O 112 xa activara outra alerta a semana pasada. Daquela, localizárano en poucas horas, nunha estrada próxima.