CRTVG

Buscar

Aparece nun taller de despezamento ilegal de Mondariz un coche do Chicle

Publicado o 04/09/2019 18:01

• Descubriuno a Policía Autonómica de xeito casual, nunha inspección rutineira, tras comprobar o número de bastidor do vehículo

Unha inspección rutineira da Policía Autonómica neste depósito de chatarra de Mondariz foi a orixe do achado. A través do número de bastidor, comprobaron que este chasis corresponde ao audi a4 propiedade de Rosario Rodríguez, a que fora muller do Chicle, quen denunciara o roubo no mes de xuño. Os donos do depósito aseguran que llo mercaron o 5 de agosto a un cliente habitual.

A Garda civil fíxose cargo do caso e trasladou as dilixencias ao xulgado de Ponteareas. Investigan as circunstancias do roubo e se o vehículo estivo implicado nalgún outro delito. Non é, en calquera caso, o alfa romeo no que o Chicle intentou raptar á moza de Boiro, segundo se demostrou no xuízo polo que foi condenado a 5 anos de prisión, e no que, supostamente, trasladou a Diana Quer ata a nave de Asados onde apareceu o seu cadáver, un caso que se xulgará a partir do 29 de outubro.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/09/2019