CRTVG

Buscar

Aparece aboiando no Sil o cadáver dun veciño de Rubiá que estaba desaparecido

Publicado o 06/09/2019 16:12

Apareceu aboiando no río Sil un veciño de Rubiá que desaparecera do seu domicilio días antes. Efectivos da Garda Civil e persoal do concello de Rubiá buscárono por varias zonas e finalmente atopárono sen vida nas augas do río Sil á altura da aldea de Quereño.

Na recuperación do corpo tiveron que participar axentes do grupo de rescate e intervención de montaña da Pobra de Trives pola profundidade do río neste tramo onde se localizou o cadáver do home de 76 anos.

Está previsto que ao longo do día de hoxe se lle practique a autopsia no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Á espera destes resultados, todo parece indicar que o motivo da morte foi accidental. Ao parecer, o home caeu desde o camiño ao río. No lugar non se atoparon sinais de violencia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/09/2019