CRTVG

Buscar

Rescatan no Miño o corpo dun romanés que pasara o domingo pescando

Publicado o 12/08/2019 09:08

Foi nunha zona do río Miño á altura da parroquia de Francos, no concello lugués de Guntín, onde perdeu a vida un home de 52 anos. A vítima, de nacionalidade romanesa, acudía habitualmente ata esta zona do encoro de Belesar con outros compatriotas a pescar. Desta volta eran catro persoas as que pasaron aquí boa parte do día e foi contra as oito da tarde cando botaron en falta un dos compañeiros e foron pedir axuda ás casas máis próximas para que deran aviso aos efectivos de emerxencias.

Na zona montouse un amplo dispositivo de emerxencias pero os traballos de rescate foron complexos. Entre que a auga do encoro estaba revolta e que se fixo de noite, non había visibilidade na zona e non foi ata preto dúas horas despois cando conseguiron localizar e rescatar o corpo da vítima que estaba a uns dez metros de onde o viran por última vez.

A vítima residía en Lugo e deixa muller e tres fillos. O seu corpo foi trasladado ata o Hospital de Lugo para realizarlle a autopsia e tratar de esclarecer as causas da morte.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí