CRTVG

Buscar

Un home aparece morto aboiando no porto de Aguiño, en Ribeira

Publicado o 12/07/2019 12:55

A Policía Nacional investiga a morte dun veciño de Aguiño que apareceu aboiando no porto da vila. De momento non se coñece como morreu. Haberá que esperar á autopsia que se vai facer en Santiago para saber se foi un accidente ou morte natural. Non presentaba sinais de violencia.

Consternación en Aguiño pola morte de Luis de 64 anos. Ao parecer estaba nas inmediacións do peirao cunha gamela collendo cebo para sair ao polbo, cousa que acostumaba a facer nesta pequena lancha. Supostamente caeu ao mar, ben por causas naturais, porque lle foi mal ou de xeito accidental, por esbarar na embarcación. Unha muller que estaba no molle a pescar sobre as once e veu un bulto que arrastraba a corrente cara terra. Estaba aboiando e chamou ao 112. Despois chegaron os equipos de rescate e patrulla da Policía Nacional que sacaron ao home da auga. Certificaron a súa morte, que se puido producir horas antes, e esperaron a chegada da xuíza para o levantamento do cadáver. Agora están a espera dos resultados da autopsia que determinará se é unha morte natural ou foi un accidente. Aquí os veciños din que é probable que morrera antes de caer ao mar xa que apareceu aboiando e normalmente os corpos dos afogados van ao fondo e tardan varios día en sair a superficie. O home estaba xubilado despois de pasar a vida embarcado. Din que era de complexión forte e algúns aseguran que non sabía nadar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí